Escoitar

O goberno local presenta ao Consello Social un orzamento histórico de 385 millóns para 2023

Os membros do Consello Social coñecerán esta tarde os detalles das contas municipais para 2023. Trátase dun orzamento récord, de 385 millóns, cun 17% de rebaixa fiscal e débeda cero.

xoves, 17 nov 2022

O alcalde avanzou esta mañá que o Consello Social avaliará as contas municipais para 2023, un orzamento nominal de 292 millóns que se verá incrementado ata os 385 millóns con aditamentos extraordinarios de remanentes e “inxentes” contías de fondos europeos procedentes do Goberno de España. Esta cifra, explicou, supón un aumento dun 34% respecto a 2022 “o maior que houbo nunca na cidade” para “inversión social, deportes, cultura ou emprego”, unhas contas que se ocupan de todos os ámbitos. Tal e como detallou Caballero os orzamentos municipais suporán tamén unha rebaixa fiscal dun 17% en termos reais nos últimos catro anos, ademais das bonificacións que se aplican, medidas que converten a Vigo nunha das cidades con menor presión fiscal de España, con débeda cero.

 

Descargar todas as imaxes