Escoitar

Vigo repite dobre Cabalgata de Reis en 2023: estática pola mañá e dinámica pola tarde

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres a contratación de diferentes servizos para organizar a Cabalgata de Reis deste Nadal, que se celebrará o vindeiro 5 de xaneiro.

venres, 18 nov 2022

O alcalde avanzou que Vigo terá novamente este ano dúas cabalgatas: a estática que terá lugar o 5 de xaneiro pola mañá na Avenida de Castelao, dado que “a experiencia foi tan boa que a mantemos” e, pola tarde, a cabalgata tradicional percorrerá as rúas da cidade entre a Praza de América, pasando pola rúa López Mora, rúa Pi i Margall e o Paseo de Alfonso, finalizando en Falperra e Cachamuíña. A recepción posterior que ofrece o Concello aos Reis Magos será na Porta do Sol.

“Queremos que o primeiro ano da postpandemia signifique en Vigo a mellor cabalgata de Reis que houbo nunca na historia”. Con ese fin, o goberno municipal vén de aprobar a contratación do servizo de deseño e produción das carrozas, da produción técnica dos servizos auxiliares de soporte dos actos dos Reis Magos e o servizo de animacións para a Cabalgata de Reis que inclúe produtores de teatro, grupos de cantantes, bandas e orquestras, servizos de baile, de diversión e de animación para nenas e nenos.

 

Descargar todas as imaxes