xoves, 13 nov 2003
O pleno da corporación municipal, en sesión celebrada hoxe con carácter extraordinario, acordou a aprobación provisional da modificación das ordenanzas fiscais reguladoras das taxas da recollida do lixo e de recepción de residuos na planta de transferencias. A modificación aprobouse cos votos favorables do Partido Socialista, Partido Popular e Democracia Progresista Galega. Votou en contra o BNG.
venres, 7 nov 2003
O pleno da corporación municipal de Vigo aprobou unha resolución presentada polo BNG na que solicitaba a renuncia do alcalde. A proposta obtivo o respaldo de 17 votos – BNG, 7 e PP,10- en contra votaron o PSOE e DPG ( 8 e 2 votos). Pola súa banda o alcalde manifestou que a súa renuncia e a do seu grupo producirase si se presenta unha moción de censura que é o mecanismo que teñen os grupos políticos para poder expulsar do poder a un grupo.
luns, 27 out 2003
O Pleno da Corporación comezou gardando un minuto de silencio pola morte do sarxento de Vigo, Luis Puga Gondar, falecido en Irak a causa das feridas provocadas por un disparo.
venres, 24 out 2003
O luns, 27, a partir das nove da mañá celebrarase sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal, no salón de plenos.
xoves, 23 out 2003
Consulte as mocións dos grupos municipais que se debateran no Pleno da Corporación do luns,27 de outubro.
Moción que presenta ó Pleno ó Grupo Municipal de Democracia Progresista Galega
venres, 10 out 2003
O grupo municipal de Democracia Progresista Galega propon para o seu debate na Pleno da Corporación unha moción sobre as catástrofes marítimas e solicita á Xunta de Galicia a elaboración dun rigoroso Plan Territorial de Continxencias Marítimas.<br />
<br />
luns, 29 set 2003
O Pleno da Corporación Municipal aprobou hoxe, de forma provisional, a modificación da Ordenanza Fiscal Xeral para o ano 2004, mediante a que se regula os tributos, a recadación e inspeción da entidade local.
luns, 29 set 2003
O pleno aprobou un convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Consellería de Medio Ambiente para a instalación de colectores soterrados nos puntos que o Concello estableza por un importe de 966.000 € e unha vixencia ata que se rematen as obras e en todo caso ata o 31 de decembro de 2003, se ben poderá prorrogarse por mutuo acordo de ámbalas dúas partes. O obxectivo desta iniciativa é o de facilitar ós veciños e recollida selectiva e a posterior reciclaxe dos residuos.<br />
luns, 29 set 2003
A Corporación Municipal acordou aprobar dúas mocións presentadas polo partido PP relativas á limpeza de terreos lindantes ás vivendas do Gorxal e sobre as medidas para evitar o deterioro do entorno da parroquia da Paz.
venres, 26 set 2003
O luns, día 29, a partir das 9 da mañá celebrase sesión ordinaria do Pleno da Corporación con 70 asuntos na orden do día.