luns, 29 nov 2004
O Pleno aprobou por unanimidade a Ordenación reguladora da ITE, así como a paralización das obras do centro comercial de Laxe. A sesión estivo marcada pola posta en común do anteproxecto de Lei para a creación da Área Metropolitana.
venres, 26 nov 2004
Convócase ao Pleno da Corporación para ter lugar sesión ordinaria no salón de Plenos ás dez horas do día 29 DE novembro para resolve-los asuntos da devandita relación.
luns, 25 out 2004
A totalidade dos grupos municipais están de acordo coa continuidade do mercado, se ben é difícil chegar a un acordo e respetar os dereitos de tódolos implicados.
luns, 25 out 2004
O Pleno do Concello aprobou o regulamento definitivo da Comisión de Suxerencias e Valedor do cidadán. Respecto ao incremento de persoal no Instituto Municipal dos Deportes, a proposta quedou condicionada aos orzamentos. No caso do aeroporto de Peinador, o Pleno resolveu aumentar as horas de funcionamento ata aprobar a súa operatividade as 24 horas.
venres, 22 out 2004
Convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE horas do día VINTECINCO DE OUTUBRO, para resolve-los asuntos da devandita relación.
luns, 27 set 2004
A moción presentada polo BNG, que incidía no incumprimento dos obxetivos da ORA ao non asegurar a rotación do aparcamento no centro urbán, foi rexeitada polo resto dos grupos municipais. O Pleno da Corporación, aínda recoñecendo en ocasións o defectuoso funcionamento do servizo, apostou pola súa necesidade e acordou unha revisión e mellora das súas condicións de funcionamento.
luns, 27 set 2004
A sesión ordinaria do Pleno da Corporación aprobou a subida do 2,7% para as taxas municipais, incluida a recollida de lixo. Tódolos grupos municipais votaron a favor excepto o BNG que se abstuvo. Quedan exentos desta subida as taxas da construcción, as plusvalías, os servicios da terceira idade, centros de día, centros de educación e axuda no fogar.
venres, 24 set 2004
O Pleno da Corporación reunirase en sesión ordinaria o luns día 27 de setembro, ás 09.00 horas, no salón de Plenos do Concello.
luns, 13 set 2004
A comisión estará formada polos concelleiros de Infraestructuras, Vías e Obras e Seguridade, quenes traballarán xunto aos técnicos municipais designados polo Goberno Municipal, o Ministerio de Fomento-Demarcación de Estradas, a Federación de AA.VV. Eduardo Chao e os responsables da Empresa Constructora.
venres, 10 set 2004
A Corporación Municipal celebra o luns, día 13, o pleno ordinario correspondente ao mes de agosto. A sesión comezará ás nove da mañá co seguinte orde do día: