Vigo aproba o seu décimo sexto orzamento consecutivo cun montante de 292 millóns para 2023

venres, 23 dec 2022

O Pleno deu luz verde definitiva ao orzamento de 2023, que se eleva a 292 millóns de euros, cos votos a favor do PSOE e o voto en contra do resto dos grupos políticos. Nunha rolda de prensa posterior, Caballero puxo en valor que se trata do décimo sexto orzamento aprobado de xeito consecutivo e afeou á oposición que voten en contra, entre outros aspectos, dos 33,8 millóns previstos no capítulo de investimentos.

O Pleno aproba 33 millóns de euros para investimentos na cidade

mércores, 14 dec 2022

Abel Caballero destaca as partidas para seguir coas humanizacións, actuar en ámbitos deportivos, culturais e colexios, entre outras accións, tanto no centro como nas parroquias. A utilización dos remanentes saíu adiante cos votos favorables do Grupo Socialista, o PP abstívose e o Grupo Mixto e o edil non adscrito votaron en contra.

A corporación municipal rexeita por unanimidade as violencias machistas

mércores, 30 nov 2022

O Pleno comezou coa declaración institucional polo 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, que correu ao cargo de Concepción Regueiro Digón, da Asociación Mulleres Progresistas, colectivo integrante do Consello Municipal da Muller. Tamén aprobouse por unanimidade facer de Vigo unha cidade libre de violencias machistas en todos os espazos, públicos e privados.