Escoitar

Vigo insta á Xunta a devolver á devolución da parcela da antiga estación de autobuses

A moción do Grupo Socialista insta á inmediata devolución da parcela, actualmente en desuso, da antiga estación de autobuses. "Está concluída a finalidade que motivou a cesión da mesma polo Concello á Xunta", expón o concelleira de Urbanismo, María José Caride.

luns, 30 set 2024
Momento da votación no Pleno
Momento da votación no Pleno

O goberno de Vigo quere recuperar a parcela da antiga estación de autobuses. O Pleno aprobou instar á Xunta á cesión da parcela na que se sitúa "porque está actualmente en desuso e está concluída a finalidade que motivou a cesión por parte do Concello á Xunta".

A moción socialista foi aprobada cos votos do PSdeG-PSOE. Grupo Popular e BNG votaron en contra. Caride explicou que o terreo da antiga estación na Avenida de Madrid foi cedido polo Concello á Xunta fai máis de trinta anos con esa exclusiva finalidade. “Non tivemos ningunha comunicación da Xunta para proceder a reintegrar o devandito espazo ao inventario municipal”, recriminou.

A edil de Urbanismo explicou que o PXOM prevé unha reorganización de carácter xeral, e que dita parcela figura como zona verde. Amais, se prevé unha ligazón entre a Avenida de Madrid e Arquitecto Palacios para mellorar as comunicacións da cidade.

470 millóns máis de débeda

O Pleno tamén aprobou cos votos do PSdeG-PSOE e BNG a moción socialista que insta á Xunta a asunción da débeda histórica que ten o goberno autonómico coa cidade de Vigo, que se incrementa en 470 millóns de euros polo sobrecusto da construción do Hospital Álvaro Cunqueiro. O edil e voceiro do Grupo Socialista, Carlos López Font, solicitou que as contas autonómicas do ano 2025 inclúan as correspondentes partidas que permitan investimentos que reclama a cidadanía. Os populares votaron en contra.

López Font lamentou “que a resposta por parte da Xunta sexa o silencio” e que “os investimentos por parte da Xunta non estean en consonancia coa importancia da cidade polo seu peso poboacional no conxunto de Galicia”.

 

 

Descargar todas as imaxes