xoves, 3 outubro 2024

O goberno municipal concede ao CSIC a licenza para derrubar os edificios da ETEA onde se construirá o novo centro científico

O Concello concedeu ao Centro Superior de Investigacións Científicas, CSIC, a primeira licenza para iniciar a derriba dun conxunto de edificios das antigas instalacións da Escola de Transmisións e Electricidade da Armada en Teis, como paso previo á construción do novo edificio do Instituto de Investigacións Mariñas que estará integrado na “Cidade do Mar”.

O Concello fai esta tarde entrega dos premios VigoEmprende

xoves, 3 out 2024

Entregaranse premios en 3 categorías aos emprendedores e pemes destacadas no programa VigoEmprende 2024. O MARCO acollerá a II edición da entrega destes galardóns que supoñen un recoñecemento e prestixio para as persoas que puxeron en marcha un negocio en Vigo e xeran emprego. O alcalde presidirá o acto no que outorgará o premio ao proxecto do ano. Tamén se premiará a innovación e a creatividade e o impacto social.

O rexedor mantivo un encontro con representantes da delegación da Provincia de Chubut

xoves, 3 out 2024

As dependencias municipais acolleron esta mañá unha reunión entre o alcalde da cidade e unha delegación de representantes da provincia arxentina de Chubut, composta polo presidente da Cámara Patagónica de Industrias Pesqueiras, Agustín de la Fuente, e o presidente da Administración Portuaria de Puerto Madryn, Diego Pérez. Esta delegación acode a Vigo con motivo da celebración de Conxemar, aproveitando para conversar con Abel Caballero sobre a importancia da cidade como referente do sector pesqueiro español. A delegación de Chubut, foi fundada fai 40 anos, na actualidade representan a 16 empresas asociadas que empregan a 4.000 persoas de xeito directo, logrando que o ano pasado representasen un 22,2% do total das exportacións pesqueiras do país austral.