luns, 30 setembro 2024

Caballero dá a benvida ao sector da pesca e produtos do mar no Congreso FAO - Conxemar

Abel Caballero deu a benvida aos asistentes ao Congreso FAO - Conxemar, que este ano centrará as súas conferencias no informe SOFIA, un documento completo do sector pesqueiro que se actualiza cada dous anos. O alcalde louvou o peixe e produtos do mar como materia prima para unha alimentación saudable. En canto á produción, Caballero manifestou a importancia da ciencia para guiar as política do sector. "Ecoloxismo baseado na ciencia", incidiu na súa intervención. Na inauguración tamén interviron o presidente de Conxemar, Eloy García; Audun Lem, director adxunto de pesca e acuicultura da FAO; e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

Os orzamentos de 2025 "van ter investimentos como nunca tivo Vigo para transformar toda a cidade"

luns, 30 set 2024

Os orzamentos municipais de 2025 elaborados polo goberno municipal van ter investimentos “como nunca tivo Vigo para atender a todas as necesidades e para transformar a todas as parroquias e rúas da cidade”. Así o explicou este luns o concelleiro de Orzamentos e Facenda, Jaime Aneiros, ao explicar ao Pleno da Corporación as liñas xerais das novas contas e responsabilizar ao PP da mingua da capacidade de gasto da cidade en 16 millóns de euros.

O Pleno aproba a modificación urbanística que viabiliza a Biblioteca do Estado na rúa Lalín

luns, 30 set 2024

A Corporación deu luz verde definitiva esta mañá ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ubicación da Biblioteca Pública do Estado, un grande avance cara a cumprir unha demanda histórica desta cidade. Caballero referiuse a aprobación como un “paso excepcional” que culmina a tramitación municipal desta infraestrutura xa que permite ceder o solo ao Goberno Central.

O alcalde recibiu ao embaixador de Arxentina

luns, 30 set 2024

Abel Caballero recibiu ao embaixador de da República Arxentina, Roberto Bosch Estévez, que visita estes días a cidade. Bosch asinou no libro de sinaturas do Concello. Ambos os mandatarios puxeron de manifesto os azos entre o país suramericano e a cidade de Vigo.