Escoitar

Máis de 600 escolares participan nunha nova campaña de concienciación sobre a reciclaxe

Abel Caballero explicou que o alumnado poderá aprender sobre como “tratar a importancia da reciclaxe, promover a economía circular e aplicar prácticas sostibles”. Ademais, o Concello está a levar a cabo unha enquisa de valoración nos centros educativos para identificar as súas necesidades específicas en materia de reciclaxe.

luns, 30 set 2024

Máis de 600 escolares de 18 colexios de Vigo participan nunha nova campaña sobre promoción da economía circular impulsada polo Concello de Vigo. O rexedor vigués explicou que o alumnado poderá aprender sobre como “tratar a importancia da reciclaxe, promover a economía circular e aplicar prácticas sostibles”.

Esta iniciativa, que está dirixida principalmente aos alumnos e alumnas de Educación Primaria, ten por obxectivo concienciar sobre a importancia da reciclaxe e promover prácticas máis sostibles no día a día escolar. Dentro da campaña, impartiranse obradoiros, que estarán centrados en sensibilizar aos máis pequenos sobre a xestión adecuada dos residuos e a reutilización de materiais.

Ademais, o Concello está a levar a cabo unha enquisa de valoración nos centros educativos para identificar as súas necesidades específicas en materia de reciclaxe. O obxectivo desta enquisa é tamén crear unha rede de colaboración entre os centros participantes na campaña, que nos vindeiros meses, espérase que sexan moitos máis os centros colaboradores desta campaña.

Descargar todas as imaxes