Escoitar

O goberno local inviste 896.000 euros no Vigo Emprega para a contratación de 75 persoas

O goberno municipal aprobou este venres o plan "Vigo Emprega 2024”, por un importe de 896.000 euros, para contratar a 75 persoas. Empezarán a traballar no mes de novembro.

venres, 27 set 2024

Abel Caballero explicou hoxe que, unha vez aprobado o plan de emprego, o Concello iniciará o proceso de selección das 75 persoas a contratar por un período de seis meses durante o que serán formados en distintos ámbitos e durante o que realizarán obras en ámbitos municipais.

Entre os postos para cubrir atópanse os de oficiais de albanel, electricistas, fontaneiros, carpintería de aluminio, xardinería, carpintería, condución e construción. “Son 75 persoas que imos empregar e que a partir da primeira quincena de novembro recibirán o seu salario do plan de emprego e aprenderán e consolidarán un oficio”, incidiu o alcalde.

Descargar todas as imaxes