xoves, 26 setembro 2024

Caballero inaugura o monumento do cemiterio de Pereiró que acollerá as cinzas de viguesas e vigueses destacados

xoves, 26 set 2024

O alcalde de Vigo inaugurou este xoves no cemiterio de Pereiró un novo espazo para depositar as cinzas de vigueses e viguesas que realizaron un traballo importante, notable e recoñecido en favor da cidade. “Queremos ter un espazo que, dentro da austeridade, sexa representativo do que Vigo aprecia de tantas persoas que traballaron pola cidade”, afirmou Abel Caballero.

O MARCO acolle una mostra sobre o surrealismo dos anos 30 coas obras de Benjamín Palencia e Manuel Colmeiro

xoves, 26 set 2024

"A profundidade esencial da terra. Benjamín Palencia, Manuel Colmeiro e o surrealismo dos anos trinta”, é a nova exposición do Museo de Arte Contemporánea, aberta na galería B3, que foi inaugurada este xoves polo alcalde de Vigo. A exposición, comisariada por Carlos L. Bernárdez, pon en relación de forma innovadora a obra de dous grandes artistas do século XX co surrealismo internacional. Na inauguración participou Alba Corral, en representación da familia e o legado do pintor Colmeiro. A mostra permanecerá aberta ata o 5 de xaneiro de 2025.