Escoitar

O goberno local adica 450.000 euros ao fomento do asociacionismo e da participación cidadá

O BOP vén de publicar as subvencións para o fomento do asociacionismo na cidad cun orzamento de 450.000 euros. As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva.

mércores, 25 set 2024

Abel Caballero informou de que o BOP publicou as bases reguladoras e a convocatoria das “Subvencións para o fomento do asociacionismo e da participación cidadá 2024” cun presuposto de 450.000€. A convocatoria divídese en catro programas de axuda:

Gastos de mantemento e funcionamento das entidades veciñais
Gastos de mantemento das entidades veciñais que carezan de local municipal en réxime de cesión ou en outras condiciones de uso gratuíto
Gastos de inversión en equipamento
Gastos de inversión en obras e adquisición de inmobles

O Concello segue apoiando o asociacionismo destinando 250.000 euros para os dous primeiros programas (gastos de mantemento) e 200.000 euros para os dous últimos (gastos de inversión). As axudas serán concedidas por concorrencia competitiva, a entidades veciñais e sociedades culturais sen ánimo de lucro nas actividades que realicen entre 16 de novembro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024.

Descargar todas as imaxes