luns, 23 set 2024
Abel Caballero despediu este luns no aeroporto de Peinador aos 40 alumnos de cinco centros vigueses: A nosa Señora da Esperanza, O Pilar-Maristas, Niño Jesús de Praga, Martín Códax e do Instituto do Castro, que inician a súa inmersión lingüística no Reino Unido. O alumnado residirán as tres próximas semanas en Devon e en Ottery St Mary, e estudarán nos centros West Exe School e The King’s School. Neste curso 1.027 estudantes viaxan a Reino Unido e Irlanda para mellorar o seu nivel de inglés
luns, 23 set 2024
Vigo volveu superar o 80 por cento de ocupación media dos hoteis ao rexistrar esta pasada fin de semana o 81,2 por cento do total da oferta. A cidade consolida datos históricos en setembro, “coas cifras máis altas que tivemos nunca nesta época”, remarcou hoxe Abel Caballero.
luns, 23 set 2024
O alcalde puxo de manifesto que este ano “Vigo é tratada como se merece”, co dobre de voos con respecto ao ano anterior. Caballero lembrou que o ano pasado escribiu unha carta ao director do Imserso para reclamar máis voos con saída desde a terminal viguesa para beneficiar aos maiores de Vigo e a área metropolitana.
luns, 23 set 2024
O alcalde trasladou este luns ao párroco da Igrexa de San Cristóbal de Candeán que o Concello financiará a humanización do adro e estudará a restauración do retablo.