mércores, 25 set 2024
O BOP vén de publicar as subvencións para o fomento do asociacionismo na cidad cun orzamento de 450.000 euros. As axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva.
mércores, 25 set 2024
O alcalde celebrou que un ano máis Vigo sexa capital do tenis durante a celebración do evento, que terá lugar no complexo deportivo de Samil do 6 ao 13 de outubro. No Vigo Tennis Open participarán máis de 750 xogadores de 65 países dos 5 continentes. Abel Caballero louvou a acción da organización e a colaboración de empresas como El Corte Inglés, Vialia ou CdeC aposten polo deporte na cidade.
mércores, 25 set 2024
Abel Caballero anima á participación na XXVIII edición do Maratón Fotográfico Concello de Vigo con 24 horas de creatividade e convivencia entre profesionais e amateurs. A Agrupación Fotográfica Galega organiza este certame o próximo 5 de outubro.
mércores, 25 set 2024
A comisión de axudas de emerxencia do Concello de Vigo aprobou este martes a concesión de 103 apoios por valor de 350.000 euros. “Seguimos atendendo á xente, e este ano prevemos dar máis número de axudas e máis montante económico que o ano pasado”, avanzou o alcalde.
mércores, 25 set 2024
O rexedor vigués explicou que “as multas son de 300 euros para particulares e de 1.000 euros para empresas” e fixo fincapé na “lentitude” do proceso pola “dificultade de localizar aos propietarios, en moitos casos empresas en procesos de disolución".
mércores, 25 set 2024
O alcalde abordou hoxe coa dirección da Asociación dos Premios da Crítica de Galicia as novidades da 46 edición dos galardóns que se entregarán no acto programado para o día 19 de outubro no teatro Afundación de Vigo. O presidente da asociación, Manuel Bragado, e as vicepresidentas, Malós Cabrera e Inma López Silva, explicaron a Abel Caballero a ampliación das modalidades de premios coa incorporación de tres ámbitos: ciencia e tecnoloxía; investigación en ciencias sociais e humanidades; e cultura dixital. O Concello subvenciona con 9.000 euros uns galardóns que desde 1978 recoñecen as achegas individuais e colectivas nas distintas expresións da creación cultural e da investigación en Galicia.
mércores, 25 set 2024
Este mércores, 25 de setembro, celébrase o Día Mundial do Farmacéutico baixo o lema Farmacéuticos: respondendo ás necesidades sanitarias globais; facilitando solucións locais, facendo referencia á capacidade da profesión farmacéutica de fortalecer os sistemas sanitarios axudando a responder aos desafíos sanitarios e sociais actuais que afectan á saúde da poboación. O Concello de Vigo súmase á xornada iluminando esta noite de verde as fontes de Aragón.