venres, 27 setembro 2024

O Concello aumenta en 200.000 euros o presuposto das axudas de emerxencia que alcanzan 1.400.000 euros

venres, 27 set 2024

A Xunta de Goberno Loacal acordou este venres ampliar en 200.000 euros o orzamento das axudas de emerxencia. Así o anunciou Abel Caballero ao explicar que a dotación económica para 2024 ascende a 1.400.000 euros. “Eu dixen que as axudas terán recursos ilimitados e, por tanto, terán tantos recursos como se necesiten, dependendo das solicitudes que se fagan”, afirmou.

O alcalde participa na inauguración do Congreso da Sociedade Española de Implantes

venres, 27 set 2024

O alcalde trasladou este venres aos participantes no Congreso da Sociedade Española de Implantes a súa satisfacción porque a organización elixise Vigo para realizar o seu encontro profesional. “Formades parte de procesos de innovación tecnolóxica pioneiros e impensables hai anos, utilizades tecnoloxía de vangarda”, asegurou Abel Caballero. Incidiu na “altísima cualificación, e na "enorme capacidade da vosa profesión” ante os participantes na reunión no Auditorio Mar de Vigo.

Caballero dá a benvida ao novo cónsul honorario de Guinea Bissau

venres, 27 set 2024

Abel Caballero asistiu ao acto de benvida do novo cónsul honorario de Guinea Bissau en Galicia que estableceu a súa oficina na cidade de Vigo. No evento tamén estivo o embaixador do país africano en España, Abel Coelho de Mendonça, entre outras autoridades. Esta novo espazo permitirá a realización de trámites á comunidade guineana de Galicia.