Escoitar

O Concello aumenta en 200.000 euros o presuposto das axudas de emerxencia que alcanzan 1.400.000 euros

A Xunta de Goberno Loacal acordou este venres ampliar en 200.000 euros o orzamento das axudas de emerxencia. Así o anunciou Abel Caballero ao explicar que a dotación económica para 2024 ascende a 1.400.000 euros. “Eu dixen que as axudas terán recursos ilimitados e, por tanto, terán tantos recursos como se necesiten, dependendo das solicitudes que se fagan”, afirmou.

venres, 27 set 2024

Abel Caballero anunciou a decisión do goberno local de aumentar as axudas de emerxencia ás familias ao pasar o orzamento de 2024 de 1.200.000 euros a 1.400.000. “Se no próximo mes vísemos que aínda se necesitan máis recursos, aumentarémolos inmediatamente”, asegurou.

O rexedor explicou que o Concello adxudicou nos primeiros nove meses do ano un total de 3.306 subvencións por un importe de 1.117.636 euros.

O alcalde incidiu en que as axudas de emerxencia son unha forma “áxil, eficaz e obxectiva de prestar axuda de forma inmediata ás persoas que o necesitan”. Recordou que, co sistema anterior, este proceso estaba suxeito aos orzamentos de cada exercicio “e, por tanto, se aparecía unha necesidade a metade de ano xa non se podía cubrir”.

Coas axudas de emerxencia “cubrimos todas as necesidades urxentes”, apuntou Caballero ao incidir no traballo que desenvolve o Concello en toda a área de Política Social, cos programas de apoio aos maiores, o servizo de canguros, os coidadores de barrio, o apoio ás familias vulnerables, ou o albergue, entre outros, “nunha forma extraordinaria de facer política social.

Descargar todas as imaxes