Escoitar

O goberno municipal aproba 103 novas axudas de emerxencia cun importe de 35.000 euros

A comisión de axudas de emerxencia do Concello de Vigo aprobou este martes a concesión de 103 apoios por valor de 350.000 euros. “Seguimos atendendo á xente, e este ano prevemos dar máis número de axudas e máis montante económico que o ano pasado”, avanzou o alcalde.

mércores, 25 set 2024

O alcalde explicou este mércores que a vivenda segue acaparando o maior volume das axudas de emerxencia resoltas favorablemente polo Concello, xa que dos 103 apoios concedidos un total de 25 destináronse ao pago do alugueiro e aloxamento, por valor de 9.620 euros, “o que significa que evitamos 25 desafiuzamentos”. A estes hai que sumar as 31 axudas, por un importe de 1.829 euros, para afrontar o custo das subministracións; as 20 para alimentación, por valor de 6.405 euros; así como outras 3 para gastos médicos ,por 2.167 euros, e 12 para bonotaxi de maiores, por 3.550 euros.

Desde xaneiro o Concello de Vigo entregou 3.306 axudas por un importe de 1.117.636 euros.

As axudas de emerxencia do Concello de Vigo son compatibles co Ingreso Mínimo Vital.

Descargar todas as imaxes