venres, 4 outubro 2024

O alcalde apunta que "o novo túnel de acceso directo a Vialia desde a autoestrada aliviará o tráfico e evitará problemas"

O novo túnel de acceso desde a autoestrada AP9 ao edificio de Vialia, que facilita o acceso ao aparcamento da estación “sen ter que entrar no corazón da cidade” e eludindo a entrada a Vigo, “vai aliviar o tráfico e evitaranos problemas”, explicou este venres Abel Caballero. O alcalde acudiu ao simulacro de seguridade do túnel coordinado polo 112, Garda Civil, Policía Nacional, Policía Local e Bombeiros. As previsións indican a apertura da nova conexión en novembro.

O Concello adxudica as obras para dotar a Pereiró dun espazo ecolóxico para enterrar as cinzas

venres, 4 out 2024

O Concello adxudicou as obras de remodelación de Pereiró para dotar ao cemiterio cun espazo de enterramento ecolóxico de cinzas. “Imos facer un cemiterio-xardín onde as familias que o decidan poden facer unha cerimonia e un enterramento en terra con garantías ambientais”, explicou este venres Abel Caballero. "Queremos que as familias teñan en Pereiró un lugar onde realizar un enterramento das cinzas, nunha zona axardinada e urnas biodegradables”, afirmou o alcalde ao indicar que a nova zona contará cunha área para realizar cerimonias de despedida e rodeada de arborado.

O rexedor felicita aos gañadores do XI Concurso de pinchos de Teis

venres, 4 out 2024

O alcalde achegouse esta mañá á rúa Sanjurjo Badía para felicitar aos premiados da décimo primeira edición do Concurso de pinchos de Teis. Acompañado da concelleira de Atención á cidadanía, Patricia Iglesias, Caballero, que eloxiou a calidade de todas as tapas participantes, participou esta mañá na entrega de premios.