Escoitar

O goberno municipal concede ao CSIC a licenza para derrubar os edificios da ETEA onde se construirá o novo centro científico

O Concello concedeu ao Centro Superior de Investigacións Científicas, CSIC, a primeira licenza para iniciar a derriba dun conxunto de edificios das antigas instalacións da Escola de Transmisións e Electricidade da Armada en Teis, como paso previo á construción do novo edificio do Instituto de Investigacións Mariñas que estará integrado na “Cidade do Mar”.

xoves, 3 out 2024

Abel Caballero, tras lembrar hoxe que o edificio do Instituto de Investigacións Científicas do CSIC trasladarase desde a súa sede actual en Bouzas ás novas instalacións de Teis, explicou que o permiso de derriba concedido polo Concello afecta aos edificios que se determinou que non hai que conservalos.

“Unha parte moi importante das construcións teñen que ser conservadas e mantidas, pero o que facemos é permitir a derriba dunhas edificacións que non teñen ningún valor ,para que inmediatamente despois o CSIC poida facer o novo edificio”, asegurou o alcalde.

As novas instalacións do Consello Superior de Investigacións Científicas en Vigo contarán cun investimento de 40 millóns de euros, apuntou o rexedor ao sinalar que trátase da primeira fase da construción dun edificio que contará cun orzamento de 17 millóns de euros.

“Tiven unha reunión cos responsables do CSIC a semana pasada para analizar as inversións tanto no novo edificio en Teis como no Instituto Oceanográfico e, por tanto, os centros de investigación do Goberno de España contarán cun edificio completamente novo por 17 millóns, e cunha reforma moi importante que era necesaria e imprescindible”, detallou Caballero.

Descargar todas as imaxes