Escoitar

Abel Caballero aposta pola "potenciación total" de Conxemar coa "imprescindible" ampliación do IFEVI

Abel Caballero reiterou este mércores a aposta do Concello de Vigo pola “potenciación total” da Feira de Conxemar ante o “risco e a ameaza” que representa a Sea Food Expo Global de Barcelona, así como por afianzar coa ampliación do IFEVI a senda “imparable” da feira no mundo.

mércores, 2 out 2024

O alcalde advertiu hoxe, con motivo da segunda xornada de Conxemar, que para conseguir o dobre obxectivo de manter a elevada capacidade de atracción de empresas internacionais do sector do conxelado á feira de Vigo, e de seguir aumentando o seu peso como referencia mundial, é “imprescindible” ampliar a superficie do Instituto Feiral de Vigo. “Neste momento hai un número importantísimo de empresas que xa non se puideron instalar porque xa non hai espazo”, recalcou.

Caballero incidiu en que os pavillóns 1, 2, e 3 son do Concello, “que é o triplo dos que ten a Xunta, que son o 4 e 5”, e na necesidade de que a administración galega siga achegando recursos a Vigo para propiciar o crecemento da feira. “Temos que facer que todo o valor engadido relacionado coa alimentación e desde o mundo do mar estea en Vigo”, afirmou o rexedor na nova visita que realizou á 25 edición de Conxemar.

Descargar todas as imaxes