Abel Caballero demanda en Conxemar “un gran apoio” de Europa ás actividades pesqueira e acuícola
Abel Caballero dirixiuse este martes aos representantes das empresas dos 46 países que participan na 25 edición de Conxemar para expresar o seu compromiso coa continuidade da cita internacional en Vigo polo peso e significado do sector na economía e na sociedade. Ante o ministro de Pesca reclamou “un gran apoio” desde a Unión Europa para ás actividades pesqueira e acuícola.
O alcalde participou na inauguración da XXV Feira Internacional de Productos do Mar Conxelados que arrincou este martes no Ifevi. Caballero apelou, ante o ministro de Ministro de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente de España, Luis Planas, a “que a pesca ocupe o lugar que lle corresponde en Europa, cun comisario ou comisaria sempre dedicados a atender ao sector”.
Caballero indicou aos empresarios que participaron no acto de inauguración da feira do sector dos produtos do mar conxelador, Conxemar, que “sodes o mundo que nos gusta, do negocio, da transacción, do benestar, da xeración de emprego e de valor engadido, e da paz”, porque demostrades a vosa capacidade de dialogar, negociar, e xerar economía.
O rexedor incidiu en que a feira “é unha especie de ONU que produce un inmenso benestar” por ser escenario do diálogo entre persoas de distintas orixes e represetar o “modelo en que queremos que estea o planeta, en paz”.
Caballero chamou a defender a actividade relacionada co mar, ao tempo que recoñoceu ao sector como “grandes defensores da sustentabilidade” do medio mariño.
O alcalde recalcou que a cita de Vigo, ademais de abordar os negocios relacionados coa empresa e a acuicultura, aborda a "alimentación saudable".