xoves, 7 out 2010
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, deu conta este xoves dos datos sobre a evolución de visitas dos espazos museísticos vinculados ao Museo da Cidade, que inclúe o Pazo de Castrelos e os xacementos de Toralla e O Castro. O nacionalista destacou os "éxitos cualitativo e cuantitativo", xa que dende a posta en marcha do plan divulgativo do Museo da Cidade ,no mes de marzo, houbo máis de 60.000 visitantes.
xoves, 30 set 2010
O tenente de alcalde e concelleiro de Cascos Históricos, Santi Domínguez, destacou este xoves que a reforma da rúa Cruceiro Vello de Bouzas, que supuxo un investimento de 205.000 euros, "mantén a liña de preservación do patrimonio e dos nosos tesouros". Santi Domínguez explicou que a remodelación incluíu o cambio do pavimento, abastecemento e saneamento, separación de augas e alumeado, así como a rehabilitación do cruceiro, que data do ano 1800.
venres, 3 set 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, presentaron este venres o balance do primeiro proxecto do Concello de Vigo para rehabilitar a fachada marítima da Ribeira do Berbés. Segundo destacou o tenente de alcalde, o inicio desta rehabilitación comezará coa actuación en 4 inmobles, que xa teñen aprobada a axuda municipal, e outros 6 que previsiblemente se adherirán o vindeiro ano ao proceso.
mércores, 25 ago 2010
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, manifestou este mércores a súa preocupación pola redución en 300.000 euros das axudas á rehabilitación de vivendas acometida pola Xunta de Galiza no seu decreto do 1 de xullo. Segundo destacou o concelleiro nacionalista, esta decisión afecta a 35 actuacións que xa se están desenvolvendo nos barrios históricos do centro de Vigo e Bouzas.
venres, 30 xul 2010
O Museo da Cidade Quiñones de León continúa cos seus "Domingos de Museo" , onde se poderá seguir gozando da visita dinamizada para nenos/as e familias e das visitas guiadas para público en xeral. Este domingo Landriña, a mascota do museo, propón aos participantes descubrir a abstracción a partir de dúas simpáticas amigas chamadas Kiki e Bubba
venres, 16 xul 2010
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, visitou hoxe a montaxe da exposición de escultura "Natureza con arte" que se inaugurará o día 22 nos xardíns históricos de Castrelos con obras de 27 artistas galegos e portugueses. "É posiblemente a exposición de escultura máis importante que se está realizando nestes momentos en Galiza", afirmou. A exposición permanecerá aberta ata o 31 de outubro no horario habitual de visita aos xardíns.
xoves, 15 xul 2010
O Museo de Castrelos desenvolverá do 19 ao 31 de xullo unha nova actividade dirixida a todos os públicos, baixo o título "Pequeno obradoiro de arqueoloxía. Convértete en arqueólogo por un día". Segundo explica o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, esta iniciativa realizarase de martes a venres de 11:30 a 12:30 horas, e para participar non é preciso reservar previamente.
venres, 9 xul 2010
O Museo de Castrelos desenvolverá o domingo 11 de xullo unha nova edición do programa "Domingos de Museo", segundo indica o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez.
xoves, 8 xul 2010
O concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, confirmou hoxe a aparición de restos dun enterramento nun sondeo preventivo realizado diante do adro da concatredral, previo ao inicio das obras de reforma das rúas do contorno. Os restos foron xa tapados, seguindo os procedementos técnicos esixidos, para garantir a súa protección.
venres, 2 xul 2010
O programa divulgativo para familias do Museo de Castrelos "Domingos de Museo" desenvolverá este domingo 4 de xullo unha nova edición, "Landriña descobre a escultura". Segundo informa o concelleiro de Patrimonio Histórico, Eudosio Álvarez, esta actividade gratuíta terá unha hora de duración, e nela poderán participar ata 15 nenos e nenas cun máximo de dous acompañantes.