O Concello ofertará programas de inserción laboral por importe de 2,1 millóns
mércores, 12 feb 2020O goberno local pon en marcha programas de inserción laboral por valor de 2,1 millóns co obxectivo de facilitar a inserción laboral do alumnado. Serán 330 persoas desempregadas as que teñan a oportunidade de participar nestes dous programas formativos, un deles, especialmente destinado a mozos de entre 18 e 25 anos.