O Concello abre a inscrición de alumnado de novo ingreso na EMAO

mércores, 3 xul 2019

Xa está aberta a convocatoria para anotarse ás distintas especialidades que ofrece a Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) no vindeiro curso 2019-2020, un total de 206 novas prazas para os cursos básicos en horario de tarde e 118 para a formación de iniciación en horario de mañá. A preinscripción, presencial ou por Internet.

O rexedor felicita ao Colexio Divino Salvador polos seus 50 anos de traxectoria

mércores, 12 xuñ 2019

Abel Caballero visitou este mércores o Colexio Divino Salvador en Coruxo onde foi recibido polo alumnado dos tres ciclos educativos que lle relataron as actividades que desenvolve o centro e lle propuxeron algunhas cuestións do seu interese. Durante o acto, o alcalde en funcións fixo entrega ao fundador do centro, Basilio Toyos, da medalla e do diploma que os acredita como Vigués Distinguido 2019 polos 50 anos de actividade docente, un labor que puxo en valor e para a que os animou a seguir traballando.