Escoitar

O Concello adicou 40.000 euros á remodelación da pista polideportiva do CEIP Seis do Nadal

O alcalde, que participou este martes no acto simbólico de apertura da nova pista, eloxiou o “gran proxecto educativo e deportivo” do Seis do Nadal. Caballero engadiu que o goberno de Vigo acomete obras nunha decena de centros educativos da cidade.

martes, 11 ago 2020
O alcalde e a directora do colexio interviron no acto deste martes
O alcalde e a directora do colexio interviron no acto deste martes

Xunto á nova pista polideportiva do CEIP Seis do Nadal, o Concello de Vigo realiza obras de mellora na Escola de Educación Infantil Aragón, no Canicouva, no Illas Cíes, no Villalaura, no Vicente Risco, no Otero Pedraio, na Escola Infantil municipal de Tomás Alonso, no CEIP Lavadores Pombal e no Candeán Igrexa.

O alcalde afirmou que, en casos como o da pista do Seis do Nadal, a competencia para acometer dita obra recae na Xunta de Galicia. A este respecto, recordou que o Concello vigués xa finalizou a cobertura dos patios en cinco colexios da cidade (García Barbón, Canicouva, Virxe do Rocío, Castelao e Carballal) e traballa noutros dous (Balaídos e Pintor Laxeiro), ámbito novamente de competencia exclusiva do goberno autonómico. Ademais destes sete, o goberno de Vigo conta con outras quince peticións doutros tantos centros educativos da cidade.

O alcalde e a directora do colexio interviron no acto deste martes
Descargar todas as imaxes