Escoitar

O avogado Pablo Estévez, novo concelleiro da Corporación viguesa

Este luns tivo lugar a sesión extraordinaria do Pleno na que Pablo Estévez tomou posesión como novo edil da Corporación, en substitución de Isaura Abelairas, deputada no Parlamento de Galicia. Nacido en 1971, Estévez é avogado en exercicio desde 1999, especialista en dereito deportivo e laboral.

luns, 10 ago 2020
O alcalde, xunto ao novo edil, Pablo Estévez
O alcalde, xunto ao novo edil, Pablo Estévez

Pablo Estévez Rodríguez é licenciado en Dereito pola Universidade de Málaga e avogado en exercicio desde 1999. Máster en Dereito Deportivo pola Universidade de Lleida, o novo edil do grupo socialista é especialista en materia deportiva, asistindo e representando tanto a clubs da Liga de Fútbol Profesional como a deportistas profesionais. Tamén está especializado no eido laboral, destacando a súa participación nas mesas de negociación colectiva das principais empresas do sector da automoción da provincia de Pontevedra.

Como poñente e profesor universitario, destaca a súa experiencia no Curso Superior de Dereito do Fútbol da RFEF e a Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, o Master en Xestión Empresarial do Deporte da Universidade de Vigo, a Mestría de Xornalismo Deportivo da Escola Jacobea de México e o Curso de Alta Dirección en Empresas e Comunicación da Universidade de Anáhuac (México) e da Universidade de Vigo.

Estévez actúa como membro da Asociación Española de Dereito Deportivo e vogal da Asociación Galega de Dereito Deportivo, é secretario da Fundación Isla Couto e membro da xunta de goberno do Ilustre Colexio de Avogados de Vigo.

Descargar todas as imaxes