mércores, 12 agosto 2020

Abel Caballero valora o xamón da Cañiza como produto “excepcional”

mércores, 12 ago 2020

O alcalde de Vigo acompañou este mércores a Luis Piña, rexedor da Cañiza, na presentación do xamón e doutros produtos gastronómicos do concello na sede olívica da Deputación de Pontevedra. Debido á pandemia, a festa do Xamón da Cañiza non se celebra este ano 2020 no forma tradicional pero Caballero animou ao consumo destes produtos “excepcionais” tamén en tempos do Covid-19.