mércores, 5 feb 2020
O goberno de Vigo acordará mañá xoves a proposta, toda vez que o recurso administrativo non foi contestado polo goberno autonómico. Segundo recordou o alcalde, a Xunta obriga ao Concello a abonarlle máis de 200.000 euros anuais polas escolas infantís que xestiona o Consorcio autonómico en Valadares e rúa Palencia
mércores, 5 feb 2020
O Concello de Vigo iniciará a aprobación definitiva do Plan Parcial de Navia supeditando o resto da tramitación a que a Xunta asuma o convenio de colaboración que garanta a construción do instituto de Navia. O documento proposto polo Concello recolle que o IES sexa a primeira edificación en uso no ámbito do Plan Parcial.
luns, 3 feb 2020
Logo dunha reunión coa Asociación de Directores de Colexios Públicos, Caballero asegurou que “xa só o Concello” atende a estes centros e recordou que a Xunta non contestou á súa proposta de cofinanciar un plan de adecuación das instalacións. O rexedor citará aos responsables dos 50 colexios públicos para “facer balance de situación”.
venres, 31 xan 2020
Caballero compartiu coas nenas e nenos do centro educativo e co profesorado esta xornada na que celebraban o éxito do proxecto do Club de Convivencia polo que construíron máis de 1000 grúas de papel que enviarán ao Parque da Paz de Hiroshima, en Xapón. O rexedor lembroulles a importancia da paz na historia da humanidade e felicitounos pola iniciativa na que depositaron os seus mellores desexos de paz e convivencia.
xoves, 30 xan 2020
Invitado pola dirección do centro, o alcalde tomou parte este xoves no acto de celebración do Día da Paz das xesuitinas, coa participación duns 700 escolares. O colexio organizou a lectura dun manifesto, baile e solta de globos biodegradables que portaban sementes de árbores autóctonas. Caballero louvou a iniciativa.
xoves, 30 xan 2020
O alcalde enviará á Xunta un convenio para garantir o inicio da construción dun instituto en Navia antes de que se poña en marcha o Plan Parcial. O Concello comprométese para tal fin a urbanizar e ceder no mínimo tempo posible terreos próximos á ultima rotonda de Teixugueiras.
venres, 24 xan 2020
Tal e como avanzara esta semana o alcalde, este venres abriu as súas portas a nova sala, emprazada en Teixugueiras 26, que conta con 200 prazas. Está aberta de luns a venres de 9 a 21h e os sábados de 9 a 14h, horario que se ampliará en época de exames, segundo confirmou Abel Caballero.
mércores, 22 xan 2020
O alcalde mantivo esta mañá un encontro con responsables do centro educativo San José de Cluny no que acordaron as medidas para axustar o tráfico de entrada a saída do centro á recentemente humanizada Estrada Provincial. Deste xeito, o colexio incorpórase ao plan municipal de tráfico que xa funciona noutros moitos centros escolares da cidade.
xoves, 16 xan 2020
O alcalde de Vigo visitou esta mañá o colexio Balaídos para participar na presentación da segunda edición do Smartbus Huawei, unha iniciativa que recorre os centros educativos para fomentar a educación e a responsabilidade dixital.
luns, 23 dec 2019
Abel Caballero e Manuel Reigosa asinaron esta mañá un convenio de colaboración, por un importe de 350.000 euros, para que ningún alumno quede excluído dos estudios por razóns económicas, garantindo así a igualdade de oportunidades.