O orzamento social é de case 20 millóns cunha partida sen límite para axudas de emerxencia
Abel Caballero detallou esta mañá as contas municipais para 2021 no apartado da política social que case alcanzan os 20 millóns de euros. Ademais de enumerar as principais partidas, como a axuda no fogar ou o programa de menores, reiterou que as axudas de emerxencia non terán límite orzamentario.
O orzamento social do Concello de Vigo para 2021 ascende a 19.725.833 euros, case medio millón máis que no pasado exercicio, nun ano no que a partida de axudas de emerxencia non terá límite orzamentario tal a como vén repetindo o rexedor nestes meses de pandemia. En rolda de prensa, Abel Caballero detallou os principais conceptos deste capítulo, empezando por Cedro, dotado con 1,5 millóns; programa socioeducativo e familiar, 710.000 euros; bolsas de libros e comedor, case 2 millóns; o servizo de axuda no fogar (dependencia) que se incrementa case nun 11%, ata chegar aos 7,1 millóns; mantéñense as achegas antidesafiuzamentos con 1,6 millóns, -a pesar de que xa existe a cobertura do Ingreso Mínimo Vital -; teleasistencia, 93.000 euros; albergue de Marqués de Valterra, 735.000 euros; programa de Coidadores de Barrio, 530.000 euros, que permite dar traballo a 40 persoas.
As contas de 2021 experimentan un incremento dun 21% no apoio a comedores sociais, que ascende aos 330.950 euros. Sal de la Tierra, 10.000 euros; Comedor da Esperanza: 55.000 euros (antes recibía 23.000 euros); Vida Digna, 45.000 euros; AFAN, 55.000 euros; Banco de Alimentos, 83.000 euros; Fundación Santa Cruz, 57.000 euros e, finalmente, Misioneros del Silencio, que se incorpora este ano con 26.200 euros.
Así mesmo, o Concello ademais de ter unha partida importante para subvencións para distintos colectivos, mantén o seu apoio a un importante número de entidades sociais entre as que se atopan Alborada, DOA, San Francisco, Amigos dos Maiores, AECC, Secretariado Xitano, Persoas xordas, Menena, AFAGA ás que dedica case 200.000 euros.
O alcalde rematou o apartado social afeando á Xunta que impoña a Vigo a cofinanciación dos centros de día de Teis, Coia e Valladares aos que o Concello vese na obriga de destinar 350.000 euros nos seus orzamentos anuais.
Igualdade
O Concello aumentou un ano máis a cantidade económica que lle adica á igualdade, con 1.253.237 euros. Respecto das principais partidas, o rexedor destacou a Centro de atención a mulleres vítimas de malos tratos, con 280.000 euros, un dispositivo que mantén Vigo para toda Galicia a pesar de ser unha competencia autonómica; o servizo de canguros, que se incrementa en 21.000 euros ata alcanzar os 180.000 euros; o Plan Municipal de Oportunidades, dotado con 155.000 euros; mantense o apoio ao deporte feminino con 136.000 euros; ademais de apoiar a colectivos como a Rede de Mulleres con 30.000 euros.
Educación
As contas municipais reservan á educación máis de 16 millóns, con 4,4 millóns para bolsas de inglés xa que incorporan a cuantía das achegas que non foron disfrutadas neste ano 2020 e será en 2021 cando dous mil estudantes gocen da súa estancia de inmersión lingüística financiada polo Concello. A limpeza de colexios supón un custo de 2,9 millóns aos que este ano se suma unha partida de case medio millón para unha desinfección extraordinara por Covid. En reparacións de instalacións hai consignados 500.000 euros, 1,5 millóns para a contratación de porteros para os centros educativos e 35.000 euros para transporte escolar. Ademais, o goberno local seguirá cubrindo patios de colexio dado que a Xunta no cumpre coas súas responsabilidades
Respecto das escolas infantís, o Concello dedica 1.979.000 euros - medio millón máis que o ano pasado - a financiar os oito centros abertos (Tomás Alonso, Casco Vello, Saiáns, Teis, Lavadores, Navia, Mestres Goldar e Casiano Martínez) os que se sumará o de Bembrive, dotado xa con 200.000 euros. Ademais de costear estas escolas, o goberno local vese na obriga de dedicar 205.000 euros á cofinanciación das instalacións que a Xunta ten nas rúas Palencia e Valladares.
A sala de lectura de Navia está dotada con 40.000 euros, unha cantidade que se eleva a 85.300 se falamos da do Mar de Vigo.
Respecto da Universidad de Vigo, o Concello adica un ano máis 350.000 euros para achegas de comedor do alumnado, ao que hai que sumar 1,2 millóns para o transporte público. A UNED recibe 200.000 euros para profesorado tendo en conta que o Concello nestes momentos está a aforrar 600.000 euros de aluguer nas instalacións do Mar de Vigo.
Finalmente, o rexedor referiuse aos 2,2 millóns para enseñanzas especiais de música, teatro, danza, música folk ou a EMAO.