Abel Caballero visita os traballos de cubrición da pista deportiva da escola infantil Vila Laura
xoves, 30 mar 2023O alcalde sinala que “é extraordinario, xa que conta con mamparas translúcidas que evitan a choiva e permiten o paso da luz”.
O alcalde sinala que “é extraordinario, xa que conta con mamparas translúcidas que evitan a choiva e permiten o paso da luz”.
As familias do estudantado solicitante están convocadas ás 19 horas no Auditorio Mar de Vigo para coñecer os detalles da viaxe para a inmersión lingüística en Irlanda e Reino Unido.
A moción socialista recolle a necesidade de poñer en marcha, polo menos, dous novos centros e demanda ao goberno autonómico que financie ao 100% o custo do servizo de atención educativa e comedor do alumnado das escolas infantís municipais.
O período de solicitude para acceder ás escolas infantís comezou hoxe e rematará o 14 de abril. Os nove centros municipais son totalmente gratuítos e supoñen un investimento anual de 2 millóns de euros.
O xoves 30 de marzo celebrarase unha xuntanza informativa no Auditorio Mar de Vigo para os familiares dos mozos e mozas solicitantes da beca para aprender inglés en Irlanda ou Reino Unido.
Abel Caballero visitou este martes as instalacións do centro educativo, situado na Gran Vía, mentres o alumnado de terceiro e cuarto de Primaria participaba no obradoiro didáctico e musical impartido pola organización da festa. Con esta actividade, as nenas e nenos achéganse á historia da festa e prepáranse musicalmente musicalmente para celebrar a Reconquistiña o vindeiro xoves, día 30, con outros centros educativos da cidade.
Abel Caballero saudou aos 250 alumnos e alumnas de distintos centros de Vigo que achegáronse ao Auditorio Municipal para participar na actividade musical organizada polo Concello. Os escolares gozarán estes días de concertos didácticos ao cargo da Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional. Este luns visitaron o Auditorio desde CEIP Seis do Nadal, CPR Escuelas Nieto, CEIP Ría de Vigo, CEIP Párroco Don Camilo, e CPR Compañía de María. Preto de 2.300 escolares pasarán pola instalación municipal.
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves as normas de adxudicación das prazas e a matrícula para o curso 2023-2024 nas escolas municipais que serán “totalmente gratuítas, incluído o comedor”, tal e como sinalou o alcalde.
O alcalde achegouse esta mañá ao colexio Padre Miguel Calasancias de Vigo para participar no “bautizo” dunha oliveira que o Concello donou ao centro educativo para que a prantara na entrada. Al lado de “Oliveto” e da man do alumnado, Caballero tivo oportunidade de coñecer as actividades que desenvolven en defensa de conceptos como a ecoloxía integral ou a economía circular. Durante a visita, Caballero felicitounos porque o colexio foi elixido sede clasificatoria rexional de a WRO (World Robot Olympiad), competición de robótica de ámbito internacional.
O alcalde saudou esta mañá aos asistentes á VII Feira de Ensinanzas Artísticas e Profesionais que hoxe pecha as súas portas no Auditorio Mar de Vigo. Caballero tivo a oportunidade visitar todos os stands informativos polos que tamén pasaron máis de tres mil estudantes interesados en alternativas educativas para buscar o seu futuro profesional.