xoves, 23 dec 2021
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves o programa contra desafiuzamentos e de emerxencia social para o ano 2022 que ten un importe inicial de 1.175.000 euros pero para o que non hai límite: “todo o que sexa necesario vaise dar”.
martes, 14 dec 2021
O alcalde asistiu xunto a Carmela Silva, presidenta do ente provincial, á presentación dos calendarios competenciais 2022 para Infantil, Primaria e Secundaria que a Deputación distribúe nos centros educativos pontevedreses. Os 8.000 exemplares nos que aparecen propostas de aprendizaxe colaborativa, actividades de lecer, educación ambiental ou consumo responsable permitirán que as familias sexan partícipes do proceso educativo dos seus fillos e fillas.
martes, 14 dec 2021
Abel Caballero participou este martes no acto de imposición das identificacións dos embaixadores júnior do Programa de Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo. O centro vigués é o único en Galicia con este certificado.
xoves, 25 nov 2021
O goberno de Vigo aprobou este xoves o proxecto para adaptar o baixo do edificio municipal do Camiño do Chouzo, cun orzamento de 627.000 euros. O alcalde solicitou que sexa financiada cos fondos europeos que o Goberno de España transfire á Xunta e recibiu o beneplácito da ministra de Educación, segundo afirmou.
mércores, 24 nov 2021
A moción socialista acadou a unanimidade dos grupos no seu reclamo de financiamento íntegro ao goberno autonómico da nova dotación educativa, cos fondos que recibirá do Goberno de España.
martes, 23 nov 2021
O alcalde explicou que este ano Vigo dedicará 6,4 millóns de euros para o programa municipal de inmersión lingüística “Vigo en inglés” que beneficiará a case 3.000 alumnos da cidade; “o diñeiro mellor invertido da historia da cidade”.
luns, 15 nov 2021
O alcalde celebra o anuncio do presidente do Goberno de España, Pedro Sánchez, que adiantou que o Consello de Ministros aprobará un plan con 660 millóns de euros para crear 64.000 prazas públicas nas escolas infantís.
mércores, 10 nov 2021
O alcalde destaca o investimento superior aos dous millóns de euros para axudar ás familias da cidade nunha competencia que corresponde ao goberno autonómico. Amais, apunta que non hai listas de espera para as bolsas e comprométese a incrementar os recursos se fose preciso.
martes, 9 nov 2021
Abel Caballero mantivo este martes unha reunión co máximo responsable da Universidade Nacional de Educación a Distancia, Ricardo Mairal, e coa presidenta do Consello de Estado, María Teresa Fernández de la Vega. En Vigo, que conta coa UNED desde 2013, se imparte un curso de acceso e trece graos cun total de 1.144 matriculados.
xoves, 4 nov 2021
Suspendido durante o Covid, o Concello retoma este programa educativo que busca que o alumnado vigués coñeza ámbitos culturais, empresariais, históricos e arquitectónicos da cidade, explicou Caballero. Este curso, Vigo aumenta as saídas ata as 835, 200 máis que na última edición.