venres, 29 out 2021
O goberno de Vigo, segundo informou o alcalde, adxudicou este venres as obras de mellora, que se prolongarán durante uns seis meses e presentan un orzamento que roza o millón e medio de euros. Caballero explicou que se actuará na iluminación, a protección contra lumes, paneis de información, medición de gases e se instalará un sistema de megafonía.
mércores, 27 out 2021
O Pleno do Concello insta ao goberno autonómico a aplicar a medida desde o comezo do ano 2022 co novo orzamento e que a gratuidade inclúa o servizo de comedor ademais da atención educativa.
martes, 26 out 2021
O goberno local adica anualmente 7 millóns de euros á conservación e mantemento dos centros de ensino público da cidade. Durante o curso pasado, o importe das obras de conservación e mellora foi de 2 millóns para acometer traballos que nun 70% dos casos son competencia da Xunta de Galicia.
luns, 25 out 2021
O alcalde supervisou esta mañá as obras de remodelación que realizou o Concello no Ceip Escultor Acuña por un importe de case 40.000 euros. Acompañado polo director do centro e o presidente da Anpa, comprobou o estado da reforma da pista deportiva e dos accesos ao interior do recinto educativo.
luns, 25 out 2021
As escolas deportivas comezarán a funcionar o 22 de novembro, con 5.000 prazas e 36 modalidades deportivas. Nesta ocasión son 56 os clubs participantes e o período de inscrición comeza ao próximo venres, 29 de outubro.
venres, 8 out 2021
Os segundos fillos están exentos de pago nas escolas infantís municipais tanto na escolarización, como no servizo de comedor. Así o avanzou esta mañá o rexedor nunha intervención na que asegurou, ademais, que o 60% dos alumnos matriculados xa gozan de total gratuidade por razóns de renda.
luns, 4 out 2021
O goberno municipal vén de recibir a autorización para o proxecto de construción do novo centro educativo para o que solicitará á Xunta de Galicia que achegue os fondos do programa Next Generation que recibiu do Goberno de España.
mércores, 29 set 2021
O Pleno aprobou esta mañá, con ningún voto en contra, unha iniciativa socialista que pretende que a Xunta sufrague os comedores escolares e as aulas matinais que nestes momentos está a financiar o Concello. O edil de Educación, Gorka Gómez, lembrou na súa intervención que se trata dunha competencia exclusiva da Xunta de Galicia que, unha vez máis, desatende as súas obrigas na cidade.
luns, 27 set 2021
Abel Caballero participou este luns no acto conmemorativo do 30 aniversario da construción do edificio que alberga a Facultade de Económicas da Universidade de Vigo no Campus As Lagoas onde destacou que supuxo un “fito na cidade” e que se erixiu como unha referencia arquitectónica. No acto no que interviñeron o reitor da Universidade, Manuel Reigosa, o arquitecto da obra, Alfonso Penela, o decano de Económicas, Jorge Falagán, e o primeiro decano, Manuel Varela, inaugurouse un mural de MM Puhinger para evocar a data.
mércores, 15 set 2021
O acordo foi proposto polo concelleiro de Educación do goberno de Vigo, Gorka Gómez, e apoiado por todos os corporativos, salvo polos catro do Partido Popular, que se opuxeron. Vigo demanda para este curso o mesmo número de docentes que no 2020-2021 “para garantir os protocolos sanitarios e unha educación de calidade”.