Escoitar

Vigo pide á Xunta a mellora dos centros educativos e as estradas autonómicas

O Pleno aprobou a moción socialista para instar ao goberno de Galicia á inversión necesaria para a mellora naqueles centros educativos públicos de Vigo que o precisen. Tamén pediu un plan de humanización para a estradas de titularidade autonómica.

xoves, 28 dec 2023

A concelleira de Educación, Olga Alonso, defendeu no pleno a mellora da eficiencia enerxética nos centros educativos de Vigo. Segundo expuxo, “a Unión Europea ten como obxectivo a loita contra o cambio climático coa mellora da eficiencia enerxética dos edificios”.

Alonso puxo de manifesto que no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica da Xunta de Galicia recolle “que os centros escolares galegos son edificacións que foron construídas entre as décadas dos 60 e 70, ou sexa, baixos os estándares de eficiencia enerxética que necesita unha mellora para mellorar o confort dos usuarios”.

Tamén saíu adiante a moción na que se insta á Xunta de Galicia a realización dun Plan de Humanizacións das estradas de titularidade autonómica no Concello de Vigo por un importe de 15 millóns de euros. O tenente de alcalde e edil de Vías e Obras, Javier Pardo, explicou que o goberno local está a acometer “unha transformación histórica” humanizando centros de rúas da cidade, con renovación da iluminación, beirarrúas, pavimentación e servizos soterrados.

Pardo lamentou que desde a chegada de Núñez Feijóo a Xunta, e posteriormente o señor Rueda, a Xunta non humanizara nin unha soa vía como a PO-325, a PO-330 e a PO-552, entre outras.

Descargar todas as imaxes