Escoitar

O goberno municipal dedica 50.000 euros para deportistas vigueses de elite

A Xunta de Goberno Local vén de dar luz verde á resolución da convocatoria de axudas para deportistas de alto nivel de Vigo.

mércores, 27 dec 2023

O alcalde deu conta este mércores da aprobación do trámite que permitirá axudar aos deportistas vigueses a través do programa municipal que reserva 50.000 euros para os deportistas de alto nivel de diferentes disciplinas: patinaxe velocidade, patinaxe, voleibol, judo, tríatlon, esgrima adaptada, vela, natación, atletismo, squash, taekwondo, montañismo, xadrez, orientación, bádminton, ximnasia trampolín ou esgrima.

Abel Caballero lembrou que, amais destas axudas, o Concello xa entregou hai uns días as bolsas municipais a 28 deportistas de elite sub-23 e puxo en valor o orzamento da área de deportes para o vindeiro ano 2024 que ascende a 18 millóns de euros.