martes, 6 set 2022
Esta mañá o alcalde, Abel Caballero; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o director do Campus Noroeste da UNED, Víctor Manuel González Sánchez, asinaron un novo convenio de colaboración.
xoves, 28 xul 2022
O alcalde participou no acto simbólico da primeira pedra da nova Escola Municipal Infantil de Praza da Industria, acompañado polos edís de Educación, Gorka Gómez, e Benestar Social, Yolanda Aguiar, ademais de técnicos municipais e da construtora. Este centro terá 47 prazas en dobre quenda e súmase ás nove escolas infantís xa en funcionamento.
mércores, 27 xul 2022
Tamén o Grupo Socialista aprobou a súa proposta de instar á Xunta a crear unha partida de 2 millóns de euros nos próximos orzamentos e transferilos ao Concello para asumir o custe das becas de comedor, libros e servizos complementarios.
martes, 26 xul 2022
Numerosos ex alumnos e profesores participaron neste traballo que “reivindica a memoria” da cidade.
mércores, 20 xul 2022
Abel Caballero e a presidenta da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FOANPAS), Iria Salvande Lorenzo, asinaron este mércores un convenio de colaboración para financiar as bolsas de comedor dos escolares.
mércores, 13 xul 2022
O alcalde e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, avanzaron na cesión do edificio Siemens da ETEA para establecer o futuro Campus do Mar. Caballero comprometeuse a seguir financiando o transporte urbano ata as Lagoas-Marcosende e ofreceu o Auditorio Mar de Vigo para a celebración de eventos relacionados coa Universidade.
xoves, 7 xul 2022
O alcalde informou do inicio do período de solicitude, o vindeiro martes 12 de xullo, garantindo que “todo o mundo que cumpra os requisitos, terá bolsa de comedor. Non hai listas de espera”.
venres, 1 xul 2022
O alcalde avanzou que o vindeiro Consello da Xerencia de Urbanismo dará luz verde a este proxecto para “seguir adiante coa adecuación de Navia” e a súa ampliación e esixiu á Xunta de Galicia que se comprometa co instituto de Navia.
venres, 1 xul 2022
A Xunta de Goberno Local vén de aprobar os convenios de colaboración con Doa, Afaga, a Asociación de Persoas Xordas de Vigo, Érguete e a AECC. Amais, deu luz verde ao convenio coa UNED para a impartición de 13 titulacións na cidade.
xoves, 30 xuñ 2022
A Xunta de Goberno Local deu luz verde este xoves ao proxecto de cubrición do patio do Ceip Frián Teis (451.518 euros), ao proxecto do edificio da sala de lectura do edificio da Tesourería (850.000 euros) e á contratación das obras da rampla mecánica para o Centro de Saúde de Teis (1.308.000 euros).