O alcalde saúda ao alumnado do Correlingua 2022

xoves, 19 mai 2022

250 nenas e nenos de entre 4 e 11 anos dos colexios Otero Pedrayo, Balaídos e do IES Santo Tomé participaron este xoves no Auditorio Municipal no Correlingua 2022. Un acto que quere dar pulo á lingua e sensibilizar sobre o uso do galego entre a xente máis nova. O alumnado leu o manifesto titulado “Fálame” ante os presentes e con varios centros educativos conectados por streaming. O Correlingua pechou cun concerto de rock a cargo de Zënzar.

O alumnado do CEP Dr. Fleming descubre a ría ao bordo do Nautilus

xoves, 12 mai 2022

O alcalde desexou boa viaxe aos alumnos e alumnas do CEP Dr. Fleming que sucaron a ría ao bordo do Nautilus dentro do programa municipal "Unha xanela aberta á ría de Vigo". Desde que comezou a actividade pasaron polo barco case 800 mozos e mozas dos colexios da cidade. Na proposta, de aproximadamente unha hora de duración e a través de monitores especializados e con imaxes a tempo real, se mostra aos estudantes a riqueza da ría, a dinámica do plancto, o cultivo do mexillón e a fauna que habita no fondo da ría.