mércores, 29 xuñ 2022
O edil de Facenda subliñou a importancia da medida para 400 familias viguesas: “Todo con fondos do propio concello”, concretou Aneiros.
mércores, 29 xuñ 2022
A moción socialista insta ao goberno autonómico a introducir unha partida no orzamento do próximo ano 2023 por un importe de 3 millóns de euros para arranxar a totalidade das pistas en mal estado.
martes, 28 xuñ 2022
Abel Caballero despediu aos primeiros estudantes do programa "Vigo en inglés" que partiron desde o Aeroporto de Vigo esta mañá. Entre o 28 de xuño e o 8 de xullo partirán 7 avións cos 767 alumnos correspondentes á edición de 2020 aos que a pandemia impediu gozar da súa bolsa de idiomas cando lles correspondía.
luns, 27 xuñ 2022
O aeroporto de Vigo despedirá mañá aos primeiros participantes no programa Vigo en inglés. Entre o 28 de xuño e o 8 de xullo partirán 7 avións cos 767 alumnos correspondentes á edición de 2020 aos que a pandemia impediu gozar da súa bolsa de idiomas cando lles correspondía.
xoves, 23 xuñ 2022
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves a proposta de contratación das obras do proxecto de humanización da primeira fase da rúa Romil, entre o cruzamento coa rúa Feliciano Rolán e a rúa Ourense.
martes, 21 xuñ 2022
O alcalde anunciou esta mañá que o Concello convocará o próximo curso un número aínda por determinar de bolsas de francés, na liña das outorgadas dentro do programa Vigo en inglés. Así o decidiu o rexedor, logo de manter un encontro cun grupo de profesoras deste idioma en distintos institutos de Vigo.
luns, 20 xuñ 2022
O alcalde manifestou este luns a súa “satisfacción” polo funcionamento do programa municipal de inmersión lingüística co que preto de 2.500 estudantes aprenderán inglés este verán.
venres, 17 xuñ 2022
Abel Caballero achegouse ao Auditorio de Teis para presenciar a actuación dos alumnos do CEIP Vicente Risco co seu proxecto innovador "Son das Flores". O rexedor saudou a iniciativa do colexio, que iniciou un proxecto musical pedagóxico e social con nenos e nenas de educación primaria. A creación da orquestra beneficia á mocidade na responsabilidade e o ríspeto. Caballero louvou a acción do profesorado e a súa implicación cos alumnos e alumnas do centro.
venres, 17 xuñ 2022
O alcalde valora que “non hai lista de espera” para gozar dunha bolsa do programa municipal de inmersión lingüística co que case 2.400 estudantes pasarán tres semanas de estadía no Reino Unido ou Irlanda para aprender inglés.
mércores, 15 xuñ 2022
O programa municipal “Unha xanela aberta á ría de Vigo” pechou coa participación de 45 centros educativos e 50 percorridos didácticos. O alcalde fixo balance en rolda de prensa y cualificou a actividade de “éxito excepcional”.