O Concello instala un semáforo para mellorar a seguridade no Colexio Martín Códax

venres, 16 set 2022

O alcalde celebrou que o goberno municipal puidese atender esta demanda do centro “de hai 25 anos”, tras conseguir a autorización do Ministerio de Transportes para instalar un semáforo na Avenida do aeroporto, de titularidade estatal, que supón unha “contribución importante á seguridade” da comunidade educativa na entrada e saída do colexio. O alcalde visitou este venres as instalacións do Martín Códax, “un gran centro educativo con case un milleiro de alumnos”, e trasladoulle ás nenas e nenos a importancia do estudo para o seu desenvolvemento.