xoves, 15 abr 2010
Esta iniciativa didáctica, que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración co artista vigués Mingos Teixeira, continúa o seu percorrido, co propósito de contribuir a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria, a través do achegamento a arte no contexto escolar. Está previsto que participen preto de 2500 escolares vigueses, que visitarán no seu propio Colexio a "MOSTRA ITINERANTE 2010" especialmente pensadas para o seu uso didáctico.
xoves, 15 abr 2010
Abel Caballero e a concelleira de Educación, Laura López Atrio, recibiron este xoves aos vinte alumnos e oito profesores que participan no programa europeo Comenius de intercambio, procedentes da República Checa e de Suecia. O alcalde salientou o "gran empeño no inglés" do goberno municipal, que concede 350 becas para que estudantes vigueses da ESO viaxen ao Reino Unido a aprender o idioma.
mércores, 7 abr 2010
Esta iniciativa didáctica municipal, que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración con "OCO EDITORA, S.L.", pretende traballar na procura do fomento do hábito lector na poboación escolar de educación primaria. A campaña desenvolverase do 7 de abril ó 7 de maio na que participarán más de 3.000 escolares de 34 centros.
Está previsto que participen 2500 escolares vigueses, que visitarán no seu propio colexio a "MOSTRA ITINERANTE 2010" especialmente pensadas para o seu uso didáctivo
martes, 23 mar 2010
"Arte na Aula 2010" inaugurose este martes no Colexio Público "Pintor Laxeiro" coa presenza da concelleira de Educación, Laura López Atrio.Esta iniciativa didáctica municipal, que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración co artista vigués Mingos Teixeira, continúa o seu percorrido co propósito de contribuir a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria, a través do achegamento a arte no contexto escolar.
Do 22 de marzo ao 16 de abril abrese o prazo para a presentación de solicitudes no Rexistro Xeral
xoves, 18 mar 2010
250 alumnos de 3º da ESO dos centros educativos da cidade poderán acceder a un programa que ofrece a oportunidade de mergullarse na lingua e cultura británicas e aprender nas escolas locais. Serán tres semanas de estadía en Irlanda ou Reino Unido e nesta convocatoria poderán acceder as prazas os alumnos dos centros privados concertados, logo de adxudicalas preferentemente aos estudantes da rede pública que cumplan os requisitos.<br />
<br />
luns, 15 mar 2010
O alcalde de Vigo asegurou que a intención do goberno local que preside pasa porque todos os escolares poidan estudar un mes no estranxeiro, polo que este ano 2010 duplícase a oferta de becas para alumnos de colexios públicos e concertados. Este verán, 250 alumnos viaxarán a Inglaterra e Irlanda -e estase a estudar a posibilidade de Canadá-, ademais de sobre 100 estudantes da Escola Oficial de Idiomas sufragados polo Concello.
Está previsto que do 15 de marzo ao 15 de abril de 2010, sexa o período de entrega de solicitudes de renovación ou de novo ingreso para acceder ás escolas infantís municipais
venres, 12 mar 2010
As escolas infantís municipais (EIM) son centros de titularidade municipal, xestinados por empresas concesionarias, que escolarizan a nenos e nenas de 0 a 3 anos empadroados no termo municipal, e que promove o Servizo Municipal de Educación do Concello de Vigo.
mércores, 10 mar 2010
O Servizo de Educación do Concello de Vigo organiza no marco do Programa Educativo Municipal "AULAS INTERNACIONAIS", unha nova edición da iniciativa didáctica "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" coa finalidade de ofertar á comunidade educativa diversas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia en lingua inglesa. A actividade "Coñezamos a cidade/Get to know your town" son visitas didácticas ó Castro, Casco Vello, Vigozoo e Zona Marítima, na que participarán 1200 escolares de 2º e 3º ciclo de primaria de 33 centros de ensino da nosa cidade.
venres, 5 mar 2010
O próximo luns, 8 de marzo, desenvolverase a conferencia " O xogo da transformación no mimo contemporáneo" a cargo de dous actores especializados na materia que a impartirán a partir das 19.30 horas na sede da Escola Municipal de Teatro de Vigo (Monte da Mina, 16). No transcurso desta actividad abordaránse diferentes explicacións teóricas e demostracións prácticas sobre a historia e evolución do teatro xestual, desde as orixes da pantomima ao concepto do mimo moderno creado por Etienne Decroux.
xoves, 25 feb 2010
A Escola Municipal de Música Tradicional e Folk, e-Trad, do Concello de Vigo, convirtese durante dous anos no modelo a seguir dentro do proxecto da Rede Europea de Orquestras Folk (European Network of Folk Orchestras-ENFO) orientado a procura dun circuito estable no Vello Continente para a circulación de músicos e profesores relacionados co folk contemporáneo. Desa maneira, o proxecto liderado polo concello establece a Vigo como sede permanente da citada rede durante o periodo de tempo 2010-2012.<br />