Escoitar

Abel Caballero anuncia que solicitará cinco carreiras da UNED para a sede de Vigo

O alcalde, de visita este martes á sede do Casco Vello, anunciou que as contas municipais para 2013 incluirán partidas para "incorporar carreiras que se estuden desde a UNED de Vigo", ademáis de impartir cursos de acceso. Caballero indicou que a aula viguesa "está a disposición da UNED" en Pontevedra para que "inmediatamente comecen as clases".

martes, 20 nov 2012
1353415310uned.JPG
O alcalde recordou que, hai dous anos, o Padroado provincial da UNED -presidido polo presidente da Deputación, Rafael Louzán- rexeitou que Vigo impartira cinco carreiras superiores.

Tras unha visita ás dependencias, Abel Caballero apuntou que a UNED de Pontevedra ten o aula a súa disposición desde o 6 de novembro, data na que o goberno local rubricou o convenio definitivo de apertura co compromiso económico e de cesión. O Concello continúa agardando á devolución asinada do acordo e á apertura da sede viguesa: "desde ese momento está a disposición da UNED de Pontevedra" para que "inmediatamente comecen as clases", explicou.

Abel Caballero afirmou que o local está "perfectamente acondicionado" e a sede abrirá con cargo exclusivo ao Concello de Vigo, que adicará uns 100.000 euros anuais. O alcalde recordou que houbo "discrepancias" co Padroado da UNED pois, na súa opinión, puxo "inconvintes" na sede xurisdiccional, a comisión de seguemento e o nomeamento da dirección da sede, diferencias finalmente solventadas.
Descargar todas as imaxes