Escoitar

700 alumnos de 4º da ESO participan nunhas xornadas sobre violencia de xénero nas redes sociais no Auditorio Municipal

Alumnos de 4º da ESO de distintos centros da cidade participan nunhas xornadas sobre violencia de xénero nas redes socias, dentro das actividades organizadas des de a Concellería de Muller para celebrar o 25 de novembro, día Internacional contra a violencia de xénero. Baixo o título Enredámonos nas redes?, a sicóloga Ianire Estébañez Castaño, tratará de prever a violencia de xénero nas formas habituais de comunicación entre a mocidade. O obradoiro, no que participarán 700 alumnos, comezou onte no Auditorio Municipal e remtará mañá mércores.

martes, 20 nov 2012
1353415435charla.JPG
O alcalde de Vigo e a concelleira de Muller, Chus Lago, visitaron esta mañá as xornadas que baixo o título de Enredámonos nas redes? tratan de sensibilizar e protexer á mocidade desta lacra social que é a violencia de xénero. Uns 200 alumnos de 4 da ESO procedentes do IES Ricardo Mella, Valadares, Santa Irene e A Guía asistiron esta mañá a unha conferencia impartida pola sicóloga Ianire Estébañez Castaño, especialista en violencia de xénero na xuventude. Esta actividade, na que participarán 700 alumnos ao longo de tres xornadas, ten por obxectivo previr este tipo de actitudes violentas nas redes sociais, principal veículo de comunicación entre mozos e mozas.

Este obradoiro, que comenzou onte e rematará mañá mércores, forma parte da campaña Enlaza Vigo que, por segundo ano consecutivo, organiza o Concello para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Trátase dun conxunto de medidas dirixidas a denunciar e sensibilizar á sociedade sobre os malos tratos ás mulleres.
Descargar todas as imaxes