Exposición colectiva contra a Violencia de Xénero
A rúa do Príncipe é o escenario dunha exposición colectiva contra a Violencia de Xénero do alumnado de máis de trinta centros do ensino da cidade que se pode ver ata o 23 de novembro de xeito ininterrumpido, de 10:00 h. a 20:00 h. A cidadanía viguesa poderá visitar esta mostra que reflicte o compromiso do estudiantado da cidade na loita contra a violencia machista. A exposición é un dos actos da iniciativa Enlaza Vigo-Reacción cidadá contra a Violencia de Xénero, que se celebrarán durante esta semana para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
Trala reflexión, organización e elaboración nos centros de ensino dos traballos participantes, plasmados nunha lona de 100 x 180 centímetros que foi achegada pola Concellería de Igualdade xunto ao material necesario, as obras foron recollidas pola organización deste evento para a súa montaxe na rúa do Príncipe.
Os traballos realizados abranguen diversas expresións artísticas, como pintura, debuxo, collage, graffiti ou textos. O alumnado vigués está a amosar nesta actividade, ademais dunha gran concienciación sobre o problema da violencia contra as mulleres, unha gran creatividade e orixinalidade.
A participación nesta exposición colectiva tamén está aberta a asociacións de mulleres e outros colectivos sociais. Ademais, as persoas interesadas en participar poden facelo a través dos paneis situados fronte ao MARCO. Vigo xa é un referente na loita contra a violencia machista. En non só na homenaxe e recordo ás vítimas, senón no compromiso individual das cidadás e cidadáns na erradicación deste tipo de agresións. Todas as persoas temos, non soamente o dereito, senón tamén o deber, de avisar á Policía ou á Xustiza se coñecemos un caso de violencia contra unha muller.
Descargar todas as imaxes