Escoitar

O Pleno aproba medidas para frear os desafiuzamentos na cidade

Os votos de BNG e PSOE deron luz verde na sesión plenaria de hoxe martes a unha batería de medidas para frear os desafiuzamentos na cidade. As propostas de nacionalistas e socialistas recollían algunha das medidas postas xa en marcha polo Goberno municipal como ofrecer servizo xurídico aos afectados, retirar os fondos monetarios daquelas entidades que practiquen desafiuzamentos ou ordear á Policía Local que non participe nin colabore en ningún desafiuzamento que teña lugar en Vigo.

martes, 20 nov 2012
1353415382pleno.jpg
A maioría dos corporativos aprobou esta mañá sendas propostas municipais con medidas contra os desafiuzamentos e axuda ás persoas afectadas. Nun pleno extraordinario, BNG e PSOE deron luz verde a unha batería de iniciativas entre as que se atopan algunhas xa anunciadas polo Goberno municipal como a retirada de fondos das contas das entidades financeiras que realicen execucións hipotecarias, que a Policía Local non colabore en desafiuzamentos ou prestar atención xurídica aos afectados. As propostas de nacionalistas e socialistas incluían paralizar todos os desafiuzamentos mentres non se modifique a lei hipotecaria e que se poña en marcha a dación en pago e os alugueres sociais.

Entre as iniciativas socialistas, destaca a petición dunha moratoria de dous anos e prorrogable a outros dous máis, paralizando así a execución dos desafiuzamentos de vivendas habituais e os devengos dos intereses de demora; a dación en pago e os alugueres sociais para os afectados. Por outro lado, insta ao Executivo a que os activos inmobiliarios do chamado "banco malo" formen parte da formación dun parque de vivendas de aluguer social.

Os socialistas tamén propuxeron eximir do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana ás familias sometidas ao procedemento de execución forzosa e crear unha unidade de asesoramento xurídico gratuito para afectados. Aoi rexeitamento de que a Policía Local non colabore no desaloxos, e no caso de que se produza, os representantes dos grupos políticos da Corporación estarán estarán presentes en solidariedade coas familias.

Pola súa banda, a proposta do BNG esixe ao Goberno a paralización de todos os desafiuzamentos mentres non se modifique a lei hipotecaria, que esta norma teña carácter retroactivo, a dación en pago e a opción de converter a hipiteca en aluguer. A proposta nacionalista pide á Xunta que demande ao Goberno a creación dun fondo económico para evitar o desamparo dos afectados que estén en situación económica extrema, unha oficiña de asesoramento, unha bolsa de vivenda social e que restaure as axudas ás hipotecas dos afectados de Navia.

O PP votou en contra das devanditas propostas e apoiou en solitario o decreto de medidas urxentes aprobado polo Goberno Central.
Descargar todas as imaxes