xoves, 28 xan 2010
A iniciativa didáctica Vigo Activities 2009-2010, que se desenvolve dentro do programa educativo municipal Aulas Internacionais, ten aberto o seu calendario ata o mes de febreiro coa actividade "Fálame do teu país/Tell me about your counry", que supón un punto de encontro con persoas que teñen como lengua oficial o inglés. En total na devandita actividade participan preto de 800 escolares de quinto e sexto de primaria pertencentes a 27 centros de ensino de Vigo.
venres, 8 xan 2010
Abel Caballero visitou este venres as obras de adaptación da futura gardería de Mestres Goldar, que segundo as previsións municipais entrará en funcionamento o próximo curso con capacidade para 100 nenos e nenas. Xunto a esta, o alcalde anunciou que este ano o Concello habilitará outras tres garderías en Bouzas, na rúa Coruña e en Tomás Alonso. Así, en 2010 a cidade disporá dunhas 350 novas prazas municipais de escolas infantís.
xoves, 17 dec 2009
A campaña didáctica de teatro en inglés para escolares que se inclúe no programa educativo municipal "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" remata o venres 18 de decembro ás 11,00 horas no Auditorio Helios de Bembrive. Á escenificación desta versión en grande formato da obra "Teddy Bear" especialmente deseñada para o seu uso didáctico asistirán 350 escolares de 5º e 6º de primaria de 9 centros de ensino da nosa cidade.<br />
martes, 24 nov 2009
No marco do programa educativo municipal "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" 1.850 escolares de primaria asistirán, nos seus respectivos centros de ensino, á representación desta obra orientada para o seu uso didáctico.
martes, 24 nov 2009
En el marco del programa educativo municipal "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" 1.850 escolares de primaria asistirán, nos sus respectivos centros de enseñanza, a la representación de esta obra orientada para su uso didáctico.
venres, 20 nov 2009
A concelleira de Educación, Laura López Atrio, ven de presentar o programa educativo do Concello de Vigo para a promoción da creatividade na escola, co nome de CREA! O programa "CREA!" vai dirixido a toda a comunidade escolar da nosa cidade, concretamente, ó alumnado que desexe participar e pertenza ao ciclo de Primaria ou Secundaria dalgún dos colexios públicos ou privado-concertados.
venres, 20 nov 2009
La concejala de Educación, Laura López Atrio,presentó el programa educativo del Ayuntamiento de Vigo para la promoción de la creatividad en la escuela, con el nombre de CRÉELA! El programa "CREA!" va dirigido a toda la comunidad escolar de nuestra ciudad, concretamente, al alumnado que desee participar y pertenezca al ciclo de Primaria o Secundaria de alguno de los colegios públicos o personal-concertados.
xoves, 12 nov 2009
Abel Caballero acudiu este xoves ao centro escolar Javier Sensat, en Alcabre, onde reiterou o seu compromiso de conceder todas as bolsas de comedor aos escolares que o precisen. Para cumprilo, o alcalde informou que xa se están a reformar os comedores que precisan de ampliación para acoller a demanda. Caballero visitou hoxe a mostra itinerante Arte na Aula, que achega o arte á infancia mediante os propios artistas.
xoves, 12 nov 2009
Abel Caballero acudió este jueves al centro escolar Javier Sensat, en Alcabre, donde reiteró su compromiso de conceder todas las bolsas de comedor a los escolares que lo precisen. Para cumplirlo, el alcalde informó que ya se están reformando los comedores que precisan de ampliación para acoger la demanda. Caballero visitó hoy la muestra itinerante Arte en el aula, que acerca el arte a la infancia mediante los propios artistas.
Participaran 1.150 escolares de 30 centros de ensino, que asistirán o xoves e venres no Auditorio Helios de Bembrive a catro funcións desta obra especialmente pensadas para o seu uso didáctico
martes, 10 nov 2009
O Servizo de Educación do Concello de Vigo organiza no marco do Programa Educativo Municipal "AULAS INTERNACIONAIS", unha nova edición da iniciativa didáctica "VIGO ACTIVITIES 2009-2010" coa finalidade de ofertar á comunidade educativa distintas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia en lingua inglesa.