mércores, 10 nov 2004
A xornada ten como obxectivo o de colaborar na creación dun foro de debate para a implantación de sistemas de calidade na xestión de proxectos europeos de inserción sociolaboral.
venres, 5 nov 2004
Caixanova organiza unhas xornadas de traballo para impulsar o desenrolo das Empresas de Inserción na comarca de Vigo. Para isto, invitou a participar nas mesmas a responsables políticos, empresarios, sindicatos, entidades sociais e técnicos da administración.
xoves, 4 nov 2004
O convenio entre Concello, Zona Franca e Instituto Galego de Vivenda ten como finalidade a xestión común da recuperación e rehabilitación de edificios no Casco Vello de Vigo.
venres, 29 out 2004
A alcaldesa referiuse á "cooperación entre empresas" como unha "excelente fórmula para competir".
venres, 22 out 2004
Coa finalidade de por en común experiencias e promover iniciativas nace o primeiro Seminario de Emprego para persoas con conductas aditivas, unha novedosa iniciativa con ánimo de perdurar.
luns, 18 out 2004
As primeiras 15 mulleres desempregadas e participantes no proxecto Alicerce realizarán 120 horas de prácticas en empresas da terceira idade ou discapacitados da cidade, en virtude do acordo asinado pola concelleira de Desenvolvemento Local, Lucía Molares, con ditas empresas.
venres, 15 out 2004
O proxecto, calificado de innovador polo conselleiro José Antonio Santiso Miramontes, supón 11 actuaciones para a instalación de 3 centros neuronais e 8 centros de antena nos concellos involucrados.
luns, 11 out 2004
Por primeira vez dende 2002 o Concello de Vigo fará unha oferta pública de emprego para cubrir 64 vacantes, tanto de persoal funcionario como laboral. Na oferta destacan tres prazas reservadas a persoas con discapacidade: como administrativo, subalterno e axudante de oficina.
mércores, 29 set 2004
A Mancomunidade de Vigo, xunto co Igape e BIC Galicia, organizan no mes de outubro tres seminarios orientados cara o mundo empresarial e a creación de empresas. Xeración de ideas, Difusión de ideas empresariais e Planificación empresarial son os tres cursos de carácter gratuito que se imparten.
venres, 13 ago 2004
O prazo de admisión estará aberto do martes 17 de agosto ata o luns 6 de setembro, ambos incluídos. O horario de entrega das solicitudes será de luns a venres de 9.00 a 13.00 horas.