Escoitar

22 persoas desempregadas realizarán un curso de formación en empresas con compromiso de contratación

A concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego, Lucía Molares, asinou un convenio coa empresa Alcampo, S.A, dentro do "Programa de formación en empresas con compromiso de contratación" que beneficiará a 22 persoas desempregadas do municipio de Vigo.

venres, 26 mai 2006
O alumnado deste curso, seleccionase entre as persoas entrevistadas polo persoal do Servizo de orientación laboral do Concello que teñan dentro do seu itinerario formativo a realización de cursos de formación ocupacional, e a empresa participante, Alcampo, S.A, asume a contratación do 50% do alumnado que remate satisfactoriamente o curso por un período non inferior a tres meses.

O presuposto para este curso é de 2.890,80€ no que se inclúen todos os gastos de realización desta acción formativa como son persoal docente, material funxible, seguro de alumnado.

A formación ocupacional con este tipo de actuacións realízase nun ámbito productivo real, que é a empresa, onde o alumnado pode observar e desempeñar as actividades e funcións propias dos distintos postos de traballo, coñecer as relacións laborais e a organizacións dos procesos productivos.