venres, 26 maio 2006

O luns sorteanse os billetes de Inter Rail

venres, 26 mai 2006

A concellaría de Xuventude a través dun convenio con Renfe, puxo a disposición dos mozos e mozas de Vigo 5 billetes de Inter Rail para viaxar por Europa, mediante un sorteo , ó cal podían acceder todos os usuarios e usuarias do Servizo Infobús con idades comprendidas entre os 17 e 25 anos. O sorteo terá lugar o luns 29 de maio na Casa da Xuventude, ás 11:30 horas.

Anuncio Recadación Executiva

Período de cobranza voluntaria das taxas pola recollida do lixo vivenda e exaccións unificadas industriais

venres, 26 mai 2006

D E C R E T O<br /> Conforme co establecido no artigo 60.1 de Ordenanza fiscal xeral, aprobada por acordo do Pleno do día 25 de decembro de 1995 publicado no BOP 27 de decembro de 1995, e no uso das atribucións que me confiren, resolvo sinalar o período de cobranza voluntaria para os padróns das taxas pola recollida do lixo vivenda e exaccións unificadas industriais dende o 1 de xuño ao 1 de agosto deste ano.