Escoitar

O luns sorteanse os billetes de Inter Rail

A concellaría de Xuventude a través dun convenio con Renfe, puxo a disposición dos mozos e mozas de Vigo 5 billetes de Inter Rail para viaxar por Europa, mediante un sorteo , ó cal podían acceder todos os usuarios e usuarias do Servizo Infobús con idades comprendidas entre os 17 e 25 anos. O sorteo terá lugar o luns 29 de maio na Casa da Xuventude, ás 11:30 horas.

venres, 26 mai 2006
1148642774interail.jpg
O sorteo será público e aberto a toda a cidadanía. Os 5 primeiros cupóns serán os gañadores. Os seus nomes exporanse nun taboeiro da Casa da Xuventude e na páxina web (www.xuventudevigo.org). Tamén se lles comunicará por teléfono a todos os afortunados.
Descargar todas as imaxes