A alcaldesa recibe a representantes empresariais de dez estados norteamericanos
A delegación empresarial de Estados Unidos denominada Council of American States in Europe foi recibida hoxe xoves no Concello pola alcaldesa, Corina Porro. No acto estiveron presentes representantes de dez estados norteamericanos.
Tamén acudiu á recepción o presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), José Manuel Fernández Alvariño, quen deu a benvida á delegación estadounidense eloxiando as virtudes do modelo económico americano e afirmando que "os empresarios amamos Estados Unidos".
Descargar todas as imaxes