Escoitar
Anuncio Recadación Executiva

Período de cobranza voluntaria das taxas pola recollida do lixo vivenda e exaccións unificadas industriais

D E C R E T O<br /> Conforme co establecido no artigo 60.1 de Ordenanza fiscal xeral, aprobada por acordo do Pleno do día 25 de decembro de 1995 publicado no BOP 27 de decembro de 1995, e no uso das atribucións que me confiren, resolvo sinalar o período de cobranza voluntaria para os padróns das taxas pola recollida do lixo vivenda e exaccións unificadas industriais dende o 1 de xuño ao 1 de agosto deste ano.

venres, 26 mai 2006
1148647850lixovivendas.jpg
NOTA INFORMATIVA
Normas de procedemento para o ingreso de tributos municipais de cobro periódico e notificación colectiva neste presente exercicio:

1º.- O Concello remitirá a todos os domicilios fiscais un documento que consta de tres exemplares co que se poderá facer o ingreso en calquera entidade bancaria, ou directamente na oficina da entidade de depósito colaboradora na prestación do servizo de caixa sita na praza do Rei, s/n.

2º.- As/os contribuíntes que teñan domiciliado o tributo só recibirán unha nota informativa na que se lles recomenda a provisión de fondos en conta corrente para a data do vencemento, co fin de que a entidade domiciliaria poida cargar o seu importe. As devolucións que se produzan causarán baixa automaticamente no ficheiro xeral de domiciliacións do Concello e seranlles noficadas aos titulares.

3º.- As/os contribuíntes que supostamente teñan os seus tributos domiciliados e aínda así reciban nos seus domicilios o documento de pagamento, será porque esa domiciliación é incorrecta. Deberán entregar o xogo de documentos na entidade bancaria que o tratará como un cobro de ventá sen prexuízo de que, unha vez asinada a autorización, sexa informatizada a citada domiciliación para exercicios posteriores.

4º-. As/os contribuíntes que por calquera causa deixen de recibir o documento de pagamento poderán efectualo directamente nas entidades BBVA, LA CAIXA ou CAIXANOVA onde lles estenderán un duplicado do recibo solicitado para tal efecto.

EXACCIÓNS MUNICIPAIS
PERÍODO VOLUNTARIO DE COBRANZA
Por Resolución da Alcaldía de data 22 de maio do 2006, sinálase o período voluntario de cobranza dos tributos:

- TAXA POLA RECOLLIDA DO LIXO VIVENDA
- EXACCIÓNS UNIFICADAS INDUSTRIAIS

Período de cobranza:
Do 1 de xuño ao 1 de agosto do 2006, ambos os dous incluídos

Forma de pagamento:
Os/as contribuíntes que reciban no seu domicilio fiscal un xogo de impresos para tal fin, poderán efectuar o ingreso NA OFICINA DA ENTIDADE DE DEPÓSITO COLABORADORA NA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE CAIXA sita na praza do Rei s/n de luns a venres e de 9 a 13,30 horas, ou nas entidades colaboradoras que de seguido se indican:

CAJA MADRID ATLANTICO
CAIXANOVA GALICIA
CAIXA GALICIA BILBAO-VIZCAYA ARGENTARIA
LA CAIXA PASTOR
CAJA DUERO SIMEON
CAJA CATALUÑA SABADELL
SANTANDER CITIBANK
CENTRAL-HISPANO
MAPFRE
GALLEGO ESPIRITO SANTO
POPULAR ZARAGOZANO
CAJA ESPAÑA ETCHEVARRIA
BANESTO

Aqueles que non reciban os impresos poderán facer o ingreso no mesmo prazo indicado nas entidades BBVA, LA CAIXA ou CAIXANOVA.

Rematado o prazo de cobranza no período voluntario, iniciarase o período executivo efectuándose a recadación dos recibos non satisfeitos polo procedemento administrativo de constrinximento sobre o patrimonio do obrigado ó pagamento, consonte co establecido no artigo 161 da Lei xeral tributaria e 68 e seguintes do Regulamento xeral de recadación.
Descargar todas as imaxes